Saturday 18 de May de 2024

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora


Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo lo que no confundimos por amor o anhelo da relación que houbo un día e xa non existe, a esperanza de volver a vivir esa experiencia e a propia esencia do sentimento.

Cento corenta páxinas con numerosos poemas de métrica variada como Serendipia, Sempiterno, Promesas contigo, Hazlo tú, El tiempo con ganas o Tu tren sin mi destino.

Toda unha primeira viaxe polo mundo do verso que a autora compartiu co público pobrense na tarde deste 3 de maio, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

“A escritura constitúe para moitas persoas unha maneira de desafogarse e, sucede moitas veces, que ese vehículo de expresión se converte nun produto cultural debido á calidade do plasmado. E esta é unha desas ocasións. Asistimos á presentación do primeiro libro dunha moza, María, quen destaca polo seu talento noutras disciplinas artísticas como a música e agora pega o salto á literatura”, manifestou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, durante a súa participación no acto. A edil precisou que este poemario aborda “un sentimento universal como é o amor, polo que non é de estrañar que sexa de corte intimista, cunhas percepcións coas que se pode sentir identificado cada un e cada unha de nós.”

Unha creación que contén tamén pequenas reflexións que serven de fío condutor entre composicións, ademais de facer uso de caligramas.

Deja un comentario